O servizo e as instalacións son de titularidade municipal, podendo ser xestionado da forma máis sustentable e eficiente de entre as enumeradas no artigo 85.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

O Concello de Ordes poderá concertar convenios de cooperación ou colaboración coa Consellería competente, con asociacións de protección e defensa dos animais ou con outras entidades autorizadas para este fin.

En calquera caso o Concello de Ordes exercerá a intervención administrativa, o control, vixilancia e cantas funcións impliquen o exercicio da autoridade e sexan da súa competencia.

INSTALACIONS.

As instalacións da canceira municipal sitúanse no Parque empresarial de Merelle (parcelas 49-50), Ordes. A distribución de estancias e os seus usos son as seguintes:

  1. Zona de estancia permanente.
    Esta zona está disposta para a acollida de animais das diferentes especies recollidos despois da súa estancia na zona de corentena.
    Á súa vez, a zona de estancia permanente está subdividida en varias dependencias, segundo especies, tamaños, sexos, idades e estatus sanitario sendo estas individuais ou de grupo, en función das características tanto das especies aloxadas como das características de cada individuo.
    Están deseñadas de xeito que hai un contacto visual permanente que favoreza a socialización entre individuos e destes co ser humano.
  2. Zona de corentena.
    Son uns cubículos individuais, habilitados para manter os animais que non presentan patoloxías ou lesións de tipo traumático das diferentes especies que chegan ao centro durante polo menos 48 horas tras a súa desparasitación tanto interna como externa.
  3. Zona de lazareto.
    Nesta zona e onde todos aqueles animais das diferentes especies que teñen algunha patoloxía ou lesión traumática coñecida, permanecen ata a súa curación ou recuperación que permita pasar ao animal a zona de estancia permanente.
    Neste lugar extrémanse as medidas hixiénicas tanto do persoal como das instalacións.
    Dentro desta área disporase das necesarias para realizar o seguimento oficial de cans mordedores, que deberán ser observados e permanecer illados durante catorce días regulamentarios, en cumprimento da lexislación vixente.
    De conformidade co disposto no Decreto 153/1998, do 2 de abril, a canceira municipal reúne os seguintes requisitos:
    1. Localización apropiada, co illamento adecuado, que evite o posible contaxio de enfermidades ou de animais estraños ó establecemento.
    2. Construcións, instalacións e equipamentos que proporcionan un ambiente hixiénico, protexan de posibles riscos os animais e faciliten a aplicación de medidas zoosanitarias.
    3. Subministración de auga potable.
    4. Sistema para a eliminación de esterco, xurro e augas residuais, de forma que non entrañen perigo de contaxio para outros animais nin para o home.
    5. Recintos, locais ou gaiolas de fácil lavado e desinfección para o illamento, secuestro e observación dos animais enfermos ou sospeitosos de enfermidade.
    6. Medios apropiados para a limpeza e a desinfección dos locais, material e utensilios en contacto cos animais e, se é o caso, dos vehículos utilizados no transporte seu, cando este se precise.
    7. Medios apropiados para a destrución ou eliminación hixiénica de cadáveres animais e materias contumaces.
    8. Programa definido de hixiene e profilaxe para os animais albergados, proposto por un facultativo veterinario.
    9. Programa de manexo adecuado para que os animais se manteñan en bo estado de saúde, supervisado por un facultativo veterinario.
    10. Dispón de locais de espera apropiados, co fin de que en ningún caso os animais permanezan na vía pública, escaleiras ou espazos comúns de inmobles, antes da súa entrada nos citados establecementos.
    11. Conta con espazos amplos e suficientes, onde os animais poidan ter un aloxamento adecuado e protexido das inclemencias meteorolóxicas.
    12. Dispón de chans de cemento, pedra ou material similar que permitan o lavado e limpeza diaria, dando a estes chans unha lixeira inclinación ata os desaugadoiros.
    13. Terá unha temperatura ambiental adecuada, así como aireación, iluminación, leitos secos e auga corrente.
    14. Ten departamentos independentes para os animais agresivos e para os animais feridos ou enfermos non contaxiosos.
    15. Ten departamentos independentes e convenientemente illados para os animais sospeitosos de padeceren enfermidades infecto-contaxiosas.
    16. Posúe caixas de primeiros auxilios apropiadas para curas de urxencia.
    17. Conta cuns servizos veterinarios adecuados e cunha sala de curas ou primeiros auxilios para atende-los animais feridos.

TARIFAS.

  1. Recollida de animal na vía pública -- 30,00 €

  2. Entrega de animal por particular (inclúe recollida, transporte, estancia e, de ser o caso, eutanasia e xestión do cadáver) -- 120,00 €

  3. Entrega de camadas, por animal -- 60,00 €

  4. Adopción, por animal (inclúe desparasitación, vacinación e chip se o animal non o ten) -- 50,00 €

  5. Implantación microchip -- 30,00 €

  6. Desparasitación -- 10,00 €

  7. Vacina -- 17,00 €

  8. Estancia, manutención e custodia de animais de compañía na canceira, por día ou fracción (animais con dono) -- 4,15 €

  9. Eutanasia por benestar animal dun animal con propietario por criterios do veterinario ou a solicitude do propietario (incluíndo a xestión do cadáver) -- 85 €

Qué facer para adoptar un can:

  • Chama á Policía Local.

  • Chámanos: 696 885 323 (Chita, veterinaria da canceira) para ver os cans en persoa e coñecer á túa futura mascota.
    Por suposto solicitaremos o teu compromiso de coidar ben e de forma responsable o can adoptado, garantir un espazo e unhas condicións de benestar boas e suficientes para o tipo de canciño que adoptas. Quedarán rexistrados na canceira os datos do novo fogar e o novo dono.

  • O can sairá da canceira co pasaporte que inclúe todos os tratamentos veterinarios recibidos e debidamente identificado co seu chip e as vacinas.

Qué facer se perdeches un can:

  • Pode ser que fose recollido e levado á canceira, ponte en contacto coa canceira, podes facelo por estes medios:

    • Chámanos: 696 885 323 (Chita, veterinaria da canceira)

    • Avisar ao teu veterinario da perda ou mesmo aos veterinarios da zona en que o perdeches.

    • Avisar á Policía Local do Concello (tfno. 676 975 533).

Qué facer se atopaches un can:

Enténdese que un animal está abandonado se circula polas vías ou espazos públicos sen ningún sinal polo que se poida identificar ao seu propietario ou posuidor e non vai acompañado por ningunha persoa.

  • O can abandonado será recollido polos servizos municipais que o trasladarán á canceira de Ordes ata que o reclamen ou, pasado un tempo prudente, sexa adoptado.

  • Ponte en contacto coa Policía Local do Concello: 676 975 533 para que o laceiro o recolla.

Se estás pensando en ter unha mascota NON MERQUES, ADOPTA!