O Concello de Ordes dispón dunha campaña gratuíta de recollida porta a porta de cartón comercial, ECO COMERCIO, destinada á recollida selectiva de papel/cartón nos propios establecementos comerciais e nos postos de venda ambulante situados no Campo da Feira. Este servizo, organizado pola Concellería de Medio Ambiente, ten como principal obxecto a sensibilización dos comerciantes da vila sobre a importancia da recuperación dos envases de papel e cartón que se xeran nos seus negocios.

O funcionamento deste servizo ten unha metodoloxía moi sinxela que se describe a continuación:

Os comerciantes depositarán todos os mércores antes das 15.00 h. e na porta de acceso aos seus negocios, sen obstruír o paso aos peóns, os residuos de papel/cartón pregados, amontoados e atados, á espera de que un camión pase a retiralos entre as 15.00 e as 17.00 h. aprox. Os vendedores ambulantes, unha vez rematado o mercado, todos os mércores e antes das 15.00 h. realizarán a mesma operación xuntando os vultos de papel/cartón en zonas comúns para facilitarlle o traballo ao servizo de recollida.

Para máis información, chame ao 981 680 002.