spacer
SABADOS DE PORTAS ABERTAS

Adiántase a esta fin de semana o Sábado de portas abertas do goberno local 

Debido ás próximas festas do Nadal o Concello de Ordes adianta o seu Sábado de portas abertas do goberno local deste mes de decembro a esta fin de semana. Deste xeito o vindeiro sábado, 16 de decembro, o alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. 
    Con esta medida quérese facilitar o máximo posible o contacto directo entre a veciñanza e os representantes institucionais, pensando especialmente naquelas persoas que por motivos laborais ou doutra índole non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002 extensión 0. 
 

SABADOS DE PORTAS ABERTAS