Esta mañá a Mancomunidade de Ordes levou a cabo o último acto dentro do programa de mobilidade transnacional xuvenil, Galeuropa. Tratouse dun obradoiro de emprego no que, entre outros aspectos, abordáronse as canles de búsqueda de emprego e outras relacionadas coa promoción das persoas demandantes. En total participaron 20 mozos e mozas entre os 18 e os 30 anos, os mesmos que nos últimos meses se desprazaron ata Portugal, Reino Unido e Italia para realizar prácticas laborais en distintos sectores e mellorar o idioma estranxeiro. 

O Programa Galeuropa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e implantado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través de  Iniciativa de Emprego Xuvenil. O seu principal obxectivo é o de reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais, co fin de mellorar a formación e a adquisición de experiencia para a inserción laboral.

Os mozos e mozas de Galeuropa participan  nun obradoiro de emprego