spacer
 INSTALACIÓN DUNHA CALDEIRA DE BIOMASA  NA PISCINA CLIMATIZADA COMARCAL IVÁN RAÑA FUENTES ORDES

Polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), con data 01/08/2017, ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2017 (DOG nº 57, do 22/03/2017), concedeuse unha axuda para a realización de proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Tipoloxía do proxecto: B3 – Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible con V>= 1000 litros.
Título da operación: Instalación de caldeiras de biomasa na piscina climatizada comarcal Iván Raña Fuentes.

Orzamento do proxecto (con ive): 134.380,20 €.
Importe da axuda:                             94.476,80 €.

Os indicadores de produtividade asociados a esta operación son o C030 e C034. 
Obxecto: capacidade adicional para producir enerxía renovable. 

Redución anual estimada de gases efecto invernadoiro sendo as unidades de medida correspondentes aos mesmos a potencia en MW e as toneladas equivalentes de CO2/ano evitadas respectivamente.

Os resultado dos indicadores neste proxecto son:

Potencia instalada: 0,320 MW.
Redución anual estimada de gases de efecto invernadoiro: 247,491 Tn CO2/ano.