A mocidade de Ordes, ademais dos visitantes chegados expresamente para a ocasión, desfrutaron da sexta edición do festival musical DesOrdes Sonoras. Unha cita na que o hip hop foi o estilo musical máis escoitado durante todo o día. Nesta ocasión os grupos convidados foron Sabela King & The Hertbreakers, Los Bengala, Igmig, Xenderal, Santiuve Da Zoo Bros e Bigote Mix. As actuacións tiveron lugar tanto ao mediodía como pola noite. Ademais o artista visual Nömada fixo exhibicións de pintura en vivo no parque da Constitución, espazo onde se desenvolveu o festival.

VI  DesOrdes Sonoras no parque da Constitución