spacer
AVISO SOBRE A ZONA DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE LEIRA

0 Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruña, informa de que se vai realizar a entrega dos títulos de propiedade da zona de reestruturación parcelaria de Leira, Concello de Ordes. 

  • Día: 31 de maio de 2017 
  • Hora: 10:30 comezará a entrada dos propietarios ao recinto e, ás 11:00 h , comezará o acto de entrega. 
  • Lugar: HOTEL BARREIRO 

Os títulos poderán ser retirados polos interesados, ou outra persoa no seu nome, presentando o recibo que no seu día se Iles entregou. 
Todos aqueles propietarios que non teñan o recibo indicado no parágrafo anterior poden recoller os seus títulos de propiedade ao remate do acto. Terán que presentar o DNI da persoa que o retira e a autorización do propietario. 
Os títulos de propiedade que non se recollan estarán a disposición dos interesados no Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 6° andar- A Coruña), dende o día seguinte. 
Para facer este acto coa maior dilixencia e orde posible, calquera dúbida será atendida só ao final da entrega de títulos.