A Mancomunidade de Ordes entrega o premio 'Rosalía verso a verso' ao CEIP Castelao
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Roberto Rey, e a concelleira de Educación do Concello de Ordes, Susana García, fixeron entrega dos premios correspondentes ao CEIP Castelao de Ordes pola súa participación no evento ‘Rosalía verso a verso’, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do ente supramunicipal para conmemorar o Día de Rosalía, o 24 de febreiro. No acto estiveron acompañados pola técnica do SNL, Irene Bravo, a responsable do Equipo de Normalización do centro, Rocío Gómez, e a propia directora, Maribel Graña.
O CEIP Castelao de Ordes e o CPI de Ponte Carreira (Frades) foron os centros premiados pola súa participación no evento do Facebook creado para a ocasión (https://www.facebook.com/events/1877409885872557). O premio ao que optaban consistía nun lote de libros cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. No sorteo entre o alumnado participante resultou gañador Anxo, de 4 anos, do CEIP Castelao.