Nas rúas de Ordes xa se sente o Entroido. Máis de 60 establecementos da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) están a decorar nestes días os farois con espantallos, máscaras e creacións do máis coloristas. Para isto empréganse materiais do máis variado, como refugallos, papel, teas e ata vasos e pratos de plástico. O calendario de celebracións organizado polo Concello dará comezo o martes 28 de febreiro coa Tarde de entroidada para os nenos e nenas. O sábado 4 de marzo terá lugar o gran desfile e concurso de disfraces, con máis de 4.000 € en premios.
 

O Entroido chega ás rúas de Ordes