O auditorio de Casa da Cultura encheuse de público para desfrutar dun espectáculo do máis innovador que por primeira vez se ofreceu en Ordes. As pombas do carboeiro é unha mestura de teatro e a música na que se  narran historias, contos, lendas, romances e cantos mediante a técnica xaponesa do kamishibai. A Banda de Música de Ordes puxo a nota musical a unha tarde organizada pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, a cal contou coa colaboración do Concello de Ordes e da Deputación da Coruña, ademais da firma Urdime propostas culturais. Entre as persoas asistentes non faltaron os concelleiros José Manuel Mira e Ana Soneira.
 

​ As pombas do carboeiro, mestura de música e teatro  na Casa da Cultura