Flora Grela Louzao, Lucía Vilariño Viqueira e Teresa Marzoa Míguez resultaron ser as gañadoras do sorteo de Nadal convocado polo grupo de comerciantes Eu Merco en Ordes. 
Entre as tres fixéronse cun escaparate valorado en máis de 3000 €, sendo este o maior premio entregado polos comerciantes de Ordes de maneira conxunta. Cada un dos máis de 100 establecementos participantes fixo entrega dun vale valorado nun mínimo de 30 euros. O sorteo tivo lugar este venres en directo en Radio Ordes, durante a emisión do seu magazine matutino local. Cada unha das tres papeletas extraídas supón un premio que supera os 1.000 €. 
Para levar a cabo esta iniciativa a organización contou tamén coa colaboración  do Concello de Ordes.

Flora Grela, Lucía Vilariño e Teresa Marzoa,  gañadoras do sorteo de Nadal de Eu Merco en Ordes