A parroquia de Leira celebrou esta fin de semana a súa romaría na honra a Santa Eufemia. Unha festa na que, ademais dos oficios relixiosos e as tradicionais procesións, tamén tivo espazo para a diversión, a música e o baile. Os encargado de facer todo isto posible foron os grupos Embruxo Gaiteiros, charanga “Os Charangos”, Xacobeo, Zeltia, La Catedral e o Combo Dominicano, que congregaron a un elevado número de festeiros e festeiras.

Leira honra a Santa Eufemia ao grande