PLAN MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2024-2025
Pola Directora Xeral de Agader, con data 07/05/2024, concedeuse unha axuda por importe de 76.962,00 euros ao abeiro do Plan de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 (Resolución do 19/12/2023, DOG nº 18, de data 25/01/2024) para a execución do proxecto: PISTA DE CASTENDA CARA O LÍMITE CON TORDOIA (PARADA).
Igualmente concedeuse unha axuda por importe de 10.000,00 € para a realización dun Estudo integral da rede viaria municipal.
As presentes axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.