spacer
O Pleno da Mancomunidade de Ordes  aproba o seu orzamento 

Ascende a 1.256.350 €, dos cales o 45% irá destinado a gastos de persoal e o 55% restante a gastos correntes

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobou esta mañá por unanimidade os seus orzamentos do vixente ano. Estes ascenden a un total de 1.265.350 €, dos cales o 45% irá destinado a gastos de persoal (21 persoas en total) e o 55% restante a gastos correntes. 
     Con todo isto o ente supramunicipal seguirá brindándolle á cidadanía (36.700 habitantes) os servizos habituais. Lugar destacado merecen aqueles vinculados aos Servizos Sociais, especialmente os de atención primaria, que posibilitan  unha eficaz acción social globalizadora e polivalente. Están dirixidos ao conxunto da poboación da comarca e teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía. Son prestados por equipos interdisciplinarios dependentes dos concellos e da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Entre os ámbitos nos que se imparten están as persoas maiores, muller, inmigración, familia, infancia, mocidade, inclusión social, discapacidade e dependencia.
Outros dos servizos da Mancomunidade de Ordes son: CIM, Atención Temperá, Animación sociocultural, Orientación laboral e emprego, Educación familiar e o Servizo de Normalización Lingüística.