O barrio do Paraíso celebrou hoxe a súa festividade na honra a Santo Antonio. Unha cita que xa vai pola súa XXVII edición e que, tal e como se esperaba, congregou a un bo número de festeiros e festeiras, moitos dos cales participaron na misa e na procesión desta mañá. Entre eles puidéronse ver ao alcalde de Ordes e á concelleira de Educación de Ordes e veciña do lugar, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García. O Trío Beiramar e a orquestra Essencia foron os encargados de poñer a música este ano.
 

O barrio do Paraíso celebra o Santo Antonio