spacer
A chuvia, a música e o baile tradicional, protagonistas  do primeiro día de festa no Mesón do Vento 

Mañá domingo está previsto que se repartan máis de 2.500 quilos de lacón con grelos na que está a ser a viséxima edición da celebración gastronómica máis importante do municipio.  Porcos celtas, cachenas, cabalos de raza galega, galiñas de Mos, embutidos, queixos, aceite etc entre o que se ofrece nos postos instalados  

A primeira xornada da XX Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento estivo marcada pola chuvia e a alerta laranxa por vento, pero tamén polo folclore tradicional. 

     Aínda que finalmente o desfile e concurso de disfraces foi suspendido por motivos de seguridade o público si puido desfrutar do II encontro folclórico, que unicamente variou o seu emplazamento para utilizar a mesma nave de gando como pista de baile. De feito todos os postos e mostras tiveron lugar neste espazo para poder resgardarse dunha chuvia que se deixou ver durante case todo o día.

     A Agrupación Folclórico-Cultural Sementes da Arte, a Asociación Cultural Camiño Real de Poulo e o Grupo de Danzas Asociación Cultural Veciños de Leira foron os participantes nesta edición. Tanto o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, como a case totalidade do seu equipo de Goberno non perderon detalle das actuacións, ademais de encargarse da entrega das placas conmemorativas ao finalizar o acto. 

Razas e produtos autóctonos
No que ser refira á mostra de aves e gando puidéronse contemplar exemplares de rubia galega, cachena, limiá, galiña de Mos, cabalos de pura raza galega, porcos celtas, ademais de maquinaria agrícola e una exposición de tractores. Outros postos ofreceron licores e augardentes, artesanía e abalorios, queixos do país, carnes de porco salgada, embutido curado, antigüidades, rosquillas, doces, galletas, aceites, sementes, conservas e legumbres entre outros produtos.  

A chuvia, a música e o baile tradicional, protagonistas  do primeiro día de festa no Mesón do Vento 

Degustación      
Xa de cara a mañá terá lugar o día grande da festa gastronómica por autonomasia de todo Ordes. Estímase que en total se servirán máis de 2.500 quilos de lacón con grelos ao longo de todo o día, aínda que o momento máis intenso vivirase a partir do mediodía, momento no que os bares e restaurantes da zona empezarán a servir como tapa racións deste delicioso prato. 

     Ao igoal ca hoxe o recinto feiral abrirá as súas portas a partir das 10 horas, novamente cos postos e as mostras de gando e aves. O programa inclúe tamén unha exposición de coches antigos, de 4x4, así como carreiras e probas de andadura federada, as cales darán comezo a partir das 11.30 horas e continuarán ao longo da tarde si as condicións meteorolóxicas o permiten. Neste aspecto cabe indicar a suspensión das probas de agility canina que ían ter lugar a partir das 12 horas

     A organización ten previstas actuacións musicais en vivo para amenizar tanto a sesión vermú (14 h) como a última hora da tarde (20 h), dándolles así pé aos máis festeiros e festeiras a botar algún que outro baile.