O pleno deste mes acorda continuar co Servizo de Normalización Lingüística
 
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes manterá o seu Servizo de Normalización Lingüística. Así se acordou no pleno deste mes que tivo lugar esta semana, para o que se solicitará a subvención provincial convocada pola Deputación da Coruña, cuxo máximo ascende a 12.000 €. 

Deste xeito o ente supramunicipal continúa coa política de uso e fomento da lingua galega nos distintos ámbitos da sociedade. Dende o ano 2013 o SNL leva realizando o seu servizo na Mancomunidade de Ordes. Entre outras actividades e iniciativas realiza cursos de preparación para a obtención da certificación Celga e para persoas estranxeiras, asesoramento e apoio ao persoal de distintos concellos da comarca, organización de xornadas e xincanas lúdico-educativas dirixidas a público infantil, conmemoración de datas e celebracións destacadas como o Día de Rosalía e o das Letras Galegas con iniciativas en centros escolares, ademais doutras actividades de intervención sociolingüística e do asesoramento lingüístico a calquera persoa usuaria da comarca.

A Mancomunidade de Ordes mantén o seu compromiso coa lingua galega