D. Iván Raña Fuentes (Ordes, 10 de xuño de 1979).

Campión do Mundo de tríatlon (México 2002), ten no seu palmarés un total de catro medallas no Campionato Mundial (ouro 2002, prata 2003 e 2004, e bronce 1999), así como outras tres no Campionato Europeo (ouro 2002 e 2003, prata 2001). Hai que engadir 8 copas do mundo, das cales 4 son de ouro (2001, 2002, 2003 e 2008), 3 de prata (1999, 2002 e 2006) e 1 de bronce (2007). Participou tamén nos xogos olímpicos de Sidney 2000 (diploma olímpico), Atenas 2004 e Pequín 2008 (diploma olímpico).
Foi nomeado fillo predilecto de Ordes no ano 2002, ademais de poñerlle o seu nome a un dos paseos e a unha das instalacións máis importantes da vila ordense. A Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Prata de Galicia no ano 2003.
No ano 2009 empeza a súa etapa como ciclista profesional debutando co Xacobeo Galicia, e na actualidade destaca polo seu traballo nos circuítos Ironman, acadando a primeira posición no ano 2014 en Austria.

Iván Raña Fuentes