O Concello mantén a súa colaboración co Jogafán Ordes F.S.

Aberto ata o 18 de agosto o prazo de inscrición para as escolas municipais de fútbol sala. Unha tempada máis o Concello de Ordes confirma o seu compromiso co Jogafán Ordes F. S. para o desempeño deste labor. As categorías que se inclúen nesta convocatoria son: Biberón (2020-21), prebenxamín (2018-19), benxamín (2016-17), alevín (2014-15), infantil (2012-13), cadete (2011-10) e xuvenil (2007-08-09).

A asignación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, situándose o número máximo por equipo en 15 nenos/as. Haberá que facela a través do enlace, efectuándose o pago unha vez que dean comezo os adestramentos. 

Para calquera tipo de consulta pódese contactar a través do número 608 451 723 (Álvaro).