Esta segunda e última cita terá lugar o venres na praza de Veracruz

Este próximo venres, 18 de xullo, chega a Ordes a segunda e última cita co programa Burbullas da Cultura. Novamente o encontro será a praza Cidade de Veracruz ás 20 horas. Alí terá lugar Circo doble expresso, un espectáculo familiar no que a compañía Desastronauts mestura humor, trapecios, acrobacias, teas aéreas e aros.

Burbullas da Cultura é unha iniciativa organizada pola Xunta de Galicia, que neste caso conta coa colaboración do Concello de Ordes. Ten como principal estímulo achegar a cultura a todos os municipios galegos, ofrecendo de balde espectáculos profesionais de teatro, música, danza, narración oral, circo e maxia. 

O programa Burbullas da Cultura regresa a Ordes con Circo doble expresso