Presentación da fundación Stop Leucemia
O día 9 de novembro tivo lugar a presentación da Fundación Stop Leucemia ao Extmo Alcalde Ordes Don José Luis Martínez Sanjujo; Susana García Gómez , Concelleira Delegada de política social, igualdade educación e traballo e José Antonio Cabeza Fraga concelleiro delegado de obras e infraestruturas.
A Fundación Stop Leucemia con sede en Ordes de recente constitución, está impulsada por persoas comprometidas do sector civil de Galicia que aúnan un mesmo sentimento: o inconformismo co noso coñecemento sobre estas enfermidades e a necesidade de mellorar os seus tratamentos. Por tanto, a Fundación xorde como unha plataforma dedicada a apoiar a loita científica contra a leucemia e demais tipos de neoplasias hematolóxicas. Para iso, contan cun equipo humano formado por persoas de orixes moi diversas co que pretenden trasladar aos diferentes actores sociais a necesidade de avanzar nesta dirección e de axuntar recursos para perseverar con esta loita.
O Presidente da Fundación Don Álvaro Concheiro así como o resto de patróns que forman parte da devandita fundación agradecen o apoio recibido desde a casa do concello.
