Trátase dun tramo de 370 m entre o desvío de Queis ata o do Piñeiro. 

Estes días deron comezo as obras para a construción dunha senda peonil na zona de Montaos, concretamente na marxe esquerda, dende o desvío de Queis ata o do Piñeiro. Inicialmente segundo o anuncio de licitación o presuposto estipulouse en 52,396,16 euros (IVE non incluído), cantidade á que lle hai que sumar a xestión de residuos, o 13% dos gastos xerais e o 6% do beneficio industrial. 

Nestes días a maquinaria pesada xa está a levar a cabo o movemento de terras parar preparar o pavimento. O proxecto contempla unha intervención cunha anchura de 1,80 metros. Aproveitarase para deixar xa instalada a tubería de 400 mm para a canalización de pluviais, así como 11 arquetas con sumidoiros e outros tantos pozos de rexistro. 

Do mesmo xeito tamén se vai canalizar a rede de iluminación pública con tubo de polipropileno de 0.90 mm e as arquetas necesarias. A dita senda estará delimitada exteriormente por un bordo de formigón.

Iniciadas as obras da nova senda peonil de Montaos