spacer
Máis de 200 participantes no Día do Deporte de Ordes

Taekwondo, aikido, kickbóxing, hóckey, fútbol sala, tenis ou atletismo foron algunhas das modalidades que se puideron practicar.

Un ano máis o Concello de Ordes fomentou a práctica de deporte entre a súa poboación. Con tal fin organizou este pasado venres unha nova edición do seu Día do Deporte. Aínda que se trataba dunha iniciativa dirixida a persoas de todas as idades destacou a presenza de nenos, nenas, mozos e mozas. Segundo a organización foron algo máis de 200 as persoas que se animaron a acudir ao Campo da Feira ordense sen deixar pasar por alto a posibilidade de experimentar a práctica de diferentes modalidades deportivas. 

Nesta ocasión contouse coa participación do seguintes clubs e entidades: Asociación Enfeitizados (Aikido), Asociación Galega de Aikido Dentou Iwama Ryu, Club Patinaxe Galia, Escola Xadrez Ordes, Escola de tenis, Kickboxing Ordes Fight Club, Club A.C. Ordes (hóckey), S.D.C. Ordes (fútbol), Jogafán Ordes Fútbol Sala, Adarve (club de tiro con arco), Atlética A Silva-Ordes (atletismo), Boud Sport (taekwondo) e Asociación Deportiva de Taekwondistas da Comarca de Ordes. 

Este ano tampouco faltaron os agasallos e o sorteo de material deportivo. Para a celebración desta iniciativa o Concello contou co apoio de Sportec Ordes e Sport Equipalia.