spacer
Aberto o prazo de solicitude  para a ITV de vehículos agrícolas

Prestará servizo no Mesón do Vento e no polígono industrial de Ordes nos meses de outubro e novembro.

Aquelas persoas residentes no municipio de Ordes que precisen pasarlle a ITV a algún vehículo agrícola xa poden reservar a súa cita chamando ao teléfono 902 309 000, ou ben a través da páxina www.syvitv.com

A unidade móbil situarase na nave de gando do Mesón do Vento os días 27 de outubro e 2, 3 e 4 de novembro de 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18 horas. Tamén o 28 e outubro, pero neste caso tan só de 9 a 13.30 horas. Tal e como é habitual a unidade tamén se desprazará ata a localidade de Ordes, máis concretamente ata o polígono industrial de Merelle, onde estará presente os días 7, 8, 9 e 10 de novembro, repetíndose o horario habitual de 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18 horas.