spacer
ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 22/23

DESCARGAS

Este mércores abre o prazo para apuntarse nas actividades deportivas e culturais do Concello

Pilates, ioga, zumba, baile, baloncesto, baile moderno, cociña, lingua de signos ou talleres de memoria son algunhas das opcións. Tamén haberá cursos de  poda e inxertos e ximnasia para persoas maiores. 

Dende este mércores día 14 ata o vindeiro 23 de setembro vai estar aberto o prazo de inscrición para inscribirse nas actividades culturais e deportivas organizadas polo Concello de Ordes. 

A oferta para este ano comprende:

  • Catro grupos de pilates. Luns e mércores de 18.30 a 19.30 h e de 21.30 a 22.30 h. Martes e xoves 18.30 a 19.30 horas e de 19.30 a 20.30 horas. As clases terán lugar no pavillón Campomaior. A maiores haberá sesións en diferentes parroquias. Así, tanto en Parada como no Mesón do Vento as clases serán os martes e xoves de 21 a 22 horas, mentres que en Pereira serán os luns e mércores de 20 a 21 horas.

  • Ioga. Luns e mércores de 19.30 a 20.30 horas no pavillón Campomaior. 

  • Zumba. Martes e xoves de 21.30 a 22.30 horas no pavillón Campomaior.

  • Baloncesto (De 6 a 13 anos). Martes e xoves de 16 a 17 horas no pavillón Campomaior.

  • Dous grupos de baile moderno. Para nenos e nenas de 4 a 11 anos as clases serán os martes de 16.30 a 17.30 horas. O outro grupo irá dos 12 aos 16 anos con clases todos os martes de 17.30 a 18.30 horas. En ambos casos as clases serán no centro Isabel Zendal.

  • Dos grupos de lingua de signos. O de nivel iniciación impartirase os mércores de 17 a 19 horas e o outro os luns de 17 a 19 horas. En ambos casos na Casa da Cultura.

  • Cociña para nenos/as e para adultos. En ambos casos as sesións celebraranse na praza de abastos os mércores. O horario para os menores vai de 18 a 19 horas e para as persoas adultas de 19 a 21 horas.  

  • Dous grupos de talleres de memoria. Ambos terán lugar os xoves no centro Isabel Zendal, ben de 16 a 17 h ou de 17 a 18 horas.

  • Renova o teu ropeiro. Venres de 16.30 a 18.30 horas na Casa da Cultura.

     O prezo mensual destas actividades oscilan entre os 20 (14 para persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos) e os 10 euros (7 para persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos). Tamén se aplicará un desconto do 50% para familias numerosas.

Circuíto
     A maiores tamén se abre a posibilidade de formar parte do obradoiro de poda e inxertos en árbores froiteiras e en horta. Celebrarase os sábados 12,19 e 26 de novembro, e o 3 e 17 de decembro na Casa da Cultura de 16 a 19 horas. O prezo neste caso ascende a 37,50 euros (26,25 euros para persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. Desconto do 50% para familias numerosas). Outro curso previsto é o de smartphones e tabletas, que se impartirá os martes de outubro a decembro de 16 a 17 horas na casa da cultura. O seu prezo será de 27,50 euros (19,25 euros para persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. Desconto do 50% para familias numerosas).

Ximnasia para maiores
Outra das actividades que conta cun gran números de usuarias e usuarios no municipio é a de ximnasia para maiores. A continuación detállanse os horarios para os grupos dos diversos lugares onde se impartirán as clases. Agás nos caso de Ordes, que teñen lugar no ximnasio Campomaior, no resto das parroquias ofreceranse nos locais sociais.

  • Ordes: Martes e venres de 17.30 a 18.30 horas.

  • O Mesón do Vento: Luns e mércores de 20.30 a 21.30 horas.

  • Santa Cruz de Montaos: Luns e mércores de 19 a 20 horas.

  • Poulo: Luns e mércores de 16 a 17 horas.

  • Guindibó: Martes e venres de 16 a 17 horas.

  • Beán: Martes e xoves de 16 a 17 horas.

  • Pereira: Martes e xoves de 19 a 20 horas.

  • Merelle: Luns e mércores de 17.30 a 18.30 horas.

  • Vilamaior: Martes e xoves de 17.30 a 18.30 horas.

  • Buscás: Martes e xoves de 20.30 a 21.30 horas.

O prezo da actividade é de 20 euros a matrícula máis 12 euros mensuais. 

Unha vez se organicen os grupos as listaxes de persoas admitidas faranse públicas a partir do 27 de setembro.