spacer
TORNEO 3X3 DE BALONCESTO
  • Data 18 e 19 agosto 2022 (a partir das 20:00 h.)

  • Lugar Pavillón Castelao II

  • Horario: unha vez se coñeza o número de equipos participantes

  • Categorías:

    • De 13 a 17 anos

    • 18 anos ou máis

  • Inscricións ata o 12 de agosto

    • Presencialmente no departamento de Deportes, 1º andar

    • A través do email: benito.lorenzo@ordes.gal 

Terá lugar os días 18 e 19 de agosto no pavillón Castelao 2 e nel poderán participar deportistas a partir dos 13 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 12. 

Ata o 12 de agosto estará aberto o prazo para poder apuntarse no torneo 3x3 de baloncesto que terá lugar en Ordes. Concretamente disputarase os días 18 e 19 de agosto no pavillón Castelao 2 a partir das 20 horas e haberá dúas categorías. A primeira de 13 a 17 anos e unha segunda a partir dos 18.  

As persoas interesadas poderanse inscribir de xeito presencial no departamento de Deportes do Concello ou ben enviando un correo electrónico a Benito.lorenzo@ordes.gal. Deberase facer chegar tanto a ficha de inscrición como o DNI das persoas participantes. Para calquera tipo de aclaración poderán consultarse as redes sociais e páxina web municipal (www.ordes.gal) ou ben chamar ao 981680002 (ext.5)

O Concello de Ordes, Sportec Ordes e Amigos do Baloncesto de Ordes participan na posta en marcha desta iniciativa.