A XXIX edición celebrarase esta fin de semana e contará con máis de 1.500 exemplares das mellores razas, probas, xantares populares, exhibicións de paradas de perdiz e probas de rastro de xabaril

Esta vindeira fin de semana terá lugar a XXIX Mostra de Cans de Caza no Mesón do Vento, concretamente no recinto feiral situado na parroquia ordense de Ardemil. Dará comezo xa este mesmo sábado, 30 de xullo e está organizado pola Asociación Amigos dos Cans de Ardemil, presidida por Manuel Mesías. Un ano máis conta co Concello de Ordes como entidade colaboradora. O programa arrancará coas probas e competicións pertencentes ao II Memorial Jorge Rivas. Trátase concretamente  do campionato de rastro de xabaril da modalidade traílla. Neste caso as inscricións ascenden a 40 euros e inclúen o xantar (19 € a partir do segundo can. Comida acompañante 20 €).

Xa de cara ao domingo día 31 levarase a cabo unha exhibición con máis de 1.500 cans de realas chegadas de distintos puntos da xeografía peninsular. Os mellores animais de cada raza recibiran premios de recoñecemento. Non faltarán exemplares de grifón, sabuxo, gran azul, braco, setter, briquet, blaul hund, teckel, beagle, podengos, ou jack terrier entre outros. Dita entrega terá lugar a partir das 17 horas e cada propietario/a recibirá o seu correspondente agasallo.

O programa contempla tamén outros atractivos como degustacións de pratos cuxo ingrediente principal será a caza, así como exhibicións de parada de cans de perdiz e unha mostra de motos e coches antigos. Tampouco faltarán os postos con todo tipo de produtos relacionados coa actividade cinexética, a alimentación e a artesanía. 

Ademais do Concello de Ordes nesta cita participan tamén a Federación Galega de Caza e marcas comerciais como Arión e Agro Visantoña.