Abre o proceso de licitación para as beirarrúas do polígono industrial de Merelle
O orzamento base da licitación ascende a un total de 150.000 euros.
Na sección do Perfil do contratante da páxina web do Concello de Ordes (www.ordes.gal) xa están a disposición da cidadanía todo o referente á licitación das obras de infraestruturas viarias no polígono de Merelle. Trátase da mellora de 1.590 m2 de beirarrúas pola vía de urxencia, mediante a renovación do pavimento actual e ampliándoas para unha maior funionalidade e accesibilidade, tal e como se establece na normativa vixente.
O orzamento base da licitacións (IVE incluido), ascende a 150.000 euros. (valor estimado do contrato 123.966,94 €. IVE non incluído. 13% gastos xerais e 6% beneficio industrial incluído). O Concello de Ordes manterá aberto ata o 29 de xuño o prazo para recibir recibir as ofertas
Tras o derribo da pavimentación existente, o levantado de bordos e o acondicionamento da explanación naqueles puntos necesarios, iniciaranse os traballos de construción propiamente dito sao longo de dous tramos. Por un lado traballarase en 1.290 metros cadrados para o tráfico peonil e pavimentado con formigón e bordo prefabricado. Por outro actuarase nuns 300 metros correspondentes aos accesos de naves e locais que se reforzará con pavimento de formigón, dado o peso que terán que soportar por parte dos vehículos de carga e transporte.
Outro tramo no que se intervirá será nos 6.980 m2 de capa de rodaxe que comprende os treitos nos que se acondicionan as beirarrúas e o ramal entre eles. A isto hai que sumarlle a instalación dun sistema de recollida de pluviais da rotonda, inxesistente a día de hoxe, mediante un sistema de canalización que inclúe tubaxe de PVC de 250 ml. de diámetro e arquetas con
sumidoiro.
Para concluír, entre outros detalles de obra, procederase coa colocación da sinalización horizontal para os pasos de peóns ao longo da área de traballo, e coa posta a cota de pozos e arquetas.
Continuidade do proxecto
Foi no pasado mes de febreiro cando o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, achegouse ata Ordes para, acompañado polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez, supervisar o resultado da primeira fase das obras de renovación das beirarrúas do polígono. Nesta ocasión contárase cunha aportación por parte do Goberno autonómico de 120.000 euros para un investimento total de 150.000 euros sufragados en colaboración coa administración local.
Unhas obras nas que se acondicionaron 3.185 m2. Deles 2.860 m2 corresponderon ao tráfico peonil e 325 m2 nas entradas de naves e locais mediante a pavimentación con formigón. A obra completouse coa instalación de 845 metros de tubo de polipropileno para soterrar o alumeado público e 23 arquetas. Baixo as beirarrúas tamén se colocaron 53 metros de canalización eléctrica en baixa tensión con tubos de polietileno corrugado de dobre parede e unha arqueta. A isto sumáronselle 3 arquetas con sumidoiro, a reposición da sinalización horizontal e a adaptación dos pozos e arquetas existentes á nova rasante.
Trenor aproveitara a ocasión para poñer en valor o investimento de de 8,35 millóns de euros por parte da Xunta para este 2022 destinadas á mellora dos parques empresariais a través da súa modernización.