A piscina do Muíño arranca a tempada de verán 2022
Estará aberta do 18 de xuño ao 11 de setembro. Ata o 23 deste mes poderanse solicitar os cursos de natación para menores de 3 a 15 anos
Este ano a piscina do Muíño abrirá as súas portas o sábado 18 de xuño ata o 11 de setembro. Como de costume os carnés poderán solicitarse no departamento de Deportes, situado no primeiro andar do Concello, para o que serán necesarios unha fotografía e unha fotocopia do DNI. De adquirirse por meses o custo será de 6 euros para as persoas menores (ata os 15 anos) e de 12 euros para as adultas. No caso da quenda que vai do 18 ao 30 de xuño os prezos serán de 2,60 e 5,20 euros, mentres que do 1 ao 11 de setembro ascenden a 2,20 e 4,40 euros respectivamente. De optar polo carné de tempada os prezos son 12 euros para as persoas menores e de 20 para as adultas. As entradas individuais por días soltos teñen un prezo de 1 e 1,50 euros respectivamente.
Como cada xullo e agosto en horario de mañá o Concello organiza cursos de natación para a rapazada con idades entre os 3 e os 15 anos por 20 euros ao mes. Neste caso as inscricións deberán realizarse antes do 23 de xuño e darán dereito a poder facer uso das instalacións durante o mes correspondente.
A estes importes aplicaráselles un desconto do 50% no caso das familias numerosas.