As contas para este 2022 ascenden a case 11 millóns de euros.

Nesta semana o Boletín Oficial da Provincia, e máis concretamente o luns 30 de maio, elevou a definitivo o acordo de aprobación inicial dos orzamentos municipais do Concello de Ordes para o presente ano 2022. 

Tras un período de exposición de 15 días hábiles na Secretaría do Concello, e despois de non recibirse ningunha reclamación ao respecto procédese coa aprobación final das contas aprobadas en sesión plenaria do pasado 28 de abril. Os presupostos para este exercicio ascenden a un total de 10.989.034,18 euros.