A mostra fotográfica do autor Míchelo Toro será inaugurada mañá cunha charla informativa. Permanecerá en Ordes ata o 29 deste mes.

En colaboración co Concello de Ordes o Museo do Traxe acollerá dende mañá ata o 29 de abril a mostra fotográfica 50 anos cambiando a historia do Cancro. Unha exposición coa que se quere conmemorar o labor desenvolvido dende a Fundación Científica da Asociación Española Contra o Cancro que pon de manifesto o traballo levado a cabo no eido da investigación co fin de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza e acadar un nivel de supervivencia do 70% de cara ao ano 2030. As imaxes expostas foron tomadas polo fotógrafo Míchelo Toro. A través delas pódese indagar nas investigacións máis destacadas deste medio século, sempre contando co apoio da Asociación Española contra o Cancro. 

O programa inaugural inclúe unha charla mañá ás 19 horas por parte de persoal investigador. Estará financiada pola Asociación Española Contra o Cancro.


Saúdos,
 

O Museo do Traxe amosa a investigación e a loita contra o cancro destes últimos 50 anos