spacer
ONE DAY CAMP 2021

Campamento de conciliación para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos.

  • 7 DE DECEMBRO.

  • DE 9 A 14 HORAS.

  • 4 € (DESCONTO DUN 50% PARA FAMILIAS NUMEROSAS).

INSCRICIÓNS NO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN (PRIMEIRO ANDAR DA CASA CONSISTORIAL) ATA O 1 DE DECEMBRO. 

Xornada de conciliación na ponte da Constitución.

Dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, o prazo para inscribirse estará aberto ata o 1 de decembro. Xogos, música e movemento ou traballos manuais entre as actividades programadas

O Concello de Ordes anuncia a celebración dunha xornada de conciliación o vindeiro 7 de decembro por mor da ponte do Día da Constitución (6 decembro) e da Inmaculada Concepción (8 decembro). 

O One Day Camp está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolverase de 9 a 14 horas. Xogos, traballos manuais, dinámicas de grupo ou música e movemento son algunhas das actividades programadas. 

O prazo para poder inscribirse estará aberto ata o 1 de decembro no departamento de Educación do Concello de Ordes. O prezo é de 4 euros, habendo un desconto do 50% para familias numerosas.

Ademais, tamén se ofrece a posibilidade de contratar outros horarios ou servizos engadidos a través da Escola Contalento (981 697844 ou 625 433436).