Accións formativas para persoas desempregadas da Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Economía Social. Servizo Público de Emprego Estatal:

Información do curso AFD:

  • Total de 468 horas e con dereito a certificado de profesionalidade de nivel dous.    
  • Formación válida en todo o territorio nacional, para traballar como coidador de persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial, coidador/a de persoas dependentes en institucións ou xerocultor.
  • Imprescindible eso ou competencias clave nivel 2 ou equivalente.

Todas as persoas interesadas deberán anotarse:

  • Presencialmente no rexistro xeral do concello de ordes, sito na entrada principal.
  • A través da sede electrónica do Concello de Ordes: https://sede.ordes.gal/ --> solicitude xeral.

Moi importante, xunto coa solicitude haberá que presentar a seguinte documentación:

  1. DNI/NIE.
  2. Títulación mínima para participar:
    1. ESO ou competencias clave de nivel 2.
    2. Celga 2 ou competencias clave de galego nivel 2.
  3. Tarxeta de demandante de emprego actualizada.

O prazo de inscrición para a selección estará aberto dende o 03 ata o 12 de novembro de 2021 (ambos incluídos).

As prazas son 15 e realizárase unha selección previa das persoas candidatas.

COMEZO DO CURSO O DÍA 1 DE DECEMBRO 

O centro homologado onde se impartirá será o mercado agrario comarcal, situado no Mesón do Vento, (Ardemil), en Ordes.

Para calquera dúbida ou consulta: 

  •  981680002, extensión 6.
  • correo@ordes.gal
CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

Abre o prazo para inscribirse no curso de atención sociosanitaria de persoas dependentes en institucións

Finalizará o día 12 deste mes. As 15 persoas seleccionadas  iniciarán as clases o vindeiro 1 de decembro na aula do Mesón do Vento

Dende hoxe e ata o próximo 12 de novembro permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder formar parte do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións públicas. En total serán 15 prazas e o curso dará comezo o día 1 de decembro no centro homologado situado na nave de gando do Mesón do Vento. Dita acción formativa está especialmente dirixida a persoas desempregadas e está promovida pola Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Economía Social, o Servizo Público de Emprego Estatal e o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Ademais do Concello de Ordes tamén participa Xacobeo Galicia 21-22.
En total serán 468 horas de formación con dereito á obtención do certificado de profesionalidade de nivel 2 válido en todo o territorio nacional. Este dará dereito a traballar como xerocultor; coidador de persoas con discapacidade física, psíquica esensorial, así como ao desempeño de labores de coidado en persoas dependentes.
As persoas que queiran formar parte do proceso de selección deberán estar en posesión do título ESO, en competencias clave nivel 2 ou equivalente. Deberán anotarse no rexistro do Concello ou ben a través da sede electrónica (https://sede.ordes.gal/).