Dirixido á rapazada de 5 a 7 anos, o concerto terá lugar este venres a partir das 18.30 horas. Para asistir é necesario inscribirse previamente.

Este próximo venres día 22 ás 18.30 horas a biblioteca municipal acolle unha nova sesión das súas Tardes de contos e lendas. Nela Xoán Curiel e Charo Pita ofrecerán o espectáculo Cantando as nosas letras para un público infantil de 5 a 7 anos.  É necesario inscribirse previamente xa que o aforo é limitado a 20 persoas. Para iso haberá que pasar en horario de mañá pola mesma biblioteca ou ben chamar ao 981681992 (de 8 a 15 horas).

As Tardes de contos e lendas forman parte do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, para a dinamización da lectura nas bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.