spacer
ONE DAY CAMP 2021

Campamento de conciliación para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos. 

  • De 9:00 a 14:00h. 4€ 

  • 50% desconto para familias numerosas

  • PRAZO PARA ANOTARSE ATA O 6 DE OUTUBRO

  • Posibilidade doutros horarios e servizos, a contratar en escuelaContalento-Ordes:

    • Rúa Reconciliación 10, baixo.

    • 981 697 844/981 680 002 (ext. 3)

    • 625 433 436

    • ordes@escuelacontalento.es 

Inscricións en: Departamento de Educación. R/Alfonso Senra 108,1º andar. 

Aberto o prazo para apuntarse ás actividades de conciliación da ponte do Pilar.

Ata o próximo 6 de outubro o Concello de Ordes manterá aberto o prazo de inscrición para aqueles nenos e nenas de 3 a 12 anos que queiran participar no campamento de conciliación One Camp Day o vindeiro 11 de outubro. Este desenvolverase nun horario que vai de 9 a 14 horas e terá un prezo de 4 euros. As familias numerosas verán reducida a súa cota nun 50%. 

As inscricións deberán tramitarse no departamento de Educación do Concello (981 680002 ext. 3). Ademais, tamén se ofrece a posibilidade de facer uso doutros horarios e servizos, que deberán contratarse directamente nas oficinas da escola Contalento, situadas na rúa Reconciliación, 10 baixo (981 697 844/625 433 436 e ordes@escuelacontalento.es).