spacer
 OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO IV

 

A CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE, DA XUNTA DE GALICIA ACABA DE CONCEDER AO CONCELLO DE ORDES, FRADES E MESÍA UN NOVO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO DENOMINADO: “BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO IV”.
 
Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes xunto cos Concellos de Frades e Mesía.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal, de tres meses máis.
 
As especialidades que se impartirán son:

  •  Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
  •  Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Nivel 2.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na selección tanto como persoal directivo, docente e de apoio ou como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como data límite ata o venres día 24 de setembro de 2021. O prazo xa estivo aberto durante todo o ano.

 AVISO MOI IMPORTANTE DADA A SITUACIÓN OCASIONADA POLA PANDEMIA DO COVID-19: PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DE CALQUERA DE ESTOS MEDIOS: 

  • NOS NÚMEROS DE TELÉFONO: 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego de Ordes(881 960 455/456/457).
  • A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: http://emprego.xunta.ga
  • OU A TRAVÉS DA APLICACIÓN : MOBEM.