spacer
Vilagudín contará con servizo de abastecemento de auga potable este ano
  • O Concello de Ordes executará esta anualidade por preto de 44.000 euros o abastecemento de auga potable para dar servizo a Vilagudín (Lesta), grazas a un convenio de colaboración co veciño Concello de Tordoia.

Con cargo aos fondos propios do remanente do ano 2020, e logo deterse acadado as preceptivas autorizacións sectoriais e adxudicada a actuación a empresa Gestal y López S.L., antes de fin do presente ano a totalidade do núcleo de Vilagudín, na parroquia de Lesta, contará con servizo de abastecemento de auga potable. Todo elo grazas a un convenio de colaboración a formalizar co veciño Concello de Tordoia, quen permitirá a conexión a súa redeprincipal de abastecemento no lugar de As Pontes (Gorgullos).

O proxecto valorado en 43.953,35 euros, contempla a execución da rede de abastecemento de 1305 m de tubaxe de PE Ø90 (rede principal) e 405 m de tubaxe de PE Ø63 (rede de distribución no núcleo). Todo elo previa escavación de foxo e posterior recheo, compactación e reposición dos firmes afectados.

Tamén se executaran 4 válvulas de comporta, 3 ventosas e 3 válvulas de baleirado.

Para asegurala presión de auga no núcleo de Vilagudín será necesario instalar un sistema deregulación de presión