PRAZO LÍMITE:

  • Atención sociosanitaria_sur (2 edicións): 12 de agosto as 14:00 horas

    • http://sede.ordes.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/AccionFormativa_PEL_Sustentable_aps_N

  • Atención sociosanitaria_norte (3 edicións): 2 de setembro as 14:00 horas

    • http://sede.ordes.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/AccionFormativa_PEL_Sustentable_apn_N

  • AMPRÍASE PRAZO --> Xestión de chamadas de teleasistencia (1 edición): Prazo aberto ata o 17 de setembro as 14:00 horas

    • http://sede.ordes.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/AccionFormativa_PEL_Sustentable_telea_N

  • AMPRÍASE PRAZO -->Dinamización Comunitaria (3 edicións): Prazo aberto ata o 17 de setembro as 14:00 horas

    • http://sede.ordes.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/AccionFormativa_PEL_Sustentable_dinam_N

  • Guía por itinerarios de baixa e media montaña (2 edicións): 16 de setembro as 14:00 horas

    • http://sede.ordes.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/AccionFormativa_PEL_Sustentable_guia_N

PEL EMPREGO SUSTENTABLE

Aberto o prazo de inscrición para os novos cursos do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña

No caso de Ordes concedéronselle os de Dinamización comunitaria e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións 

Ordes acollerá dous novos cursos englobados no Plan de Emprego Local (PEL). Concretamente trátase dos cursos de Dinamización comunitaria e o de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións. En ambos os casos serán de carácter gratuíto. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 2 de setembro e 12 de agosto respectivamente, tal e como se indica na web do Concello de Ordes (www.ordes.gal). O inicio das clases está previsto para a segunda semana de setembro para o primeiro deles e para a terceira semana de agosto no caso do segundo. As persoas interesadas xa poden solicitar a súa praza a través da sede electrónica ou ben no rexistro xeral do Concello.

O programa do curso de Dinamización comunitaria inclúe 532 horas de formación teórica e 160 de prácticas en empresas. A certificación profesional é de nivel 3 e os seus contidos inclúen aspectos como: igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, igualdade de trato e non discriminación, desenvolvemento sustentable, coidado e respecto do medio ambiente, ofimática empresarial e inserción laboral de persoas en risco de exclusión. 

Moitos destes contidos repítense no caso do curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións, xunto a outros novos como son a prevención de riscos laborais, o autocoidado do/da coidador/a, o emprendemento para pequenas empresas no medio rural, a economía social e a manipulación de alimentos. O número de horas de formación teórica é de 432 máis outras 160 de prácticas en empresas. Neste caso a certificación profesional é de nivel 2.

 Ademais destes dous cursos, que á parte de en Ordes tamén se desenvolverán nos concellos de Narón, Cambre, Culleredo, Ortigueira, Cee ou Santa Comba; o Plan de Emprego Local ofrece outras opcións formativas como os cursos de Guía por Itinerarios de baixa e media montaña e o de Xestión de chamadas de teleasistencia. Estes terán lugar nos municipios de Teo, Mazaricos e Arteixo. 

 Organizado poola Deputación da Coruña no Plan de Emprego Sustentable tamén participan o Fondo Social Europeo e o Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.