A xente de Ordes tivo a oportunidade de desfrutar en familia dunha das películas de animación máis populares e taquilleiras dos últimos tempos, Frozen II. Grazas ao programa Cultura na rúa, organizado polo Concello, a alameda de Ordes transformouse onte durante unhas horas nunha sala de cine á que acudiron arredor de 80 persoas de todas as idades, pero sobre todo nenos e nenas. 

A derradeira cita con este programa terá lugar o vindeiro mércores, tamén na alameda ás 22 horas. Novamente volverá a haber cine. Concretamente proxectarase O que arde, dirixida por Oliver Laxe. 

Debido á situación marcada pola pandemia o aforo é limitado, polo que terán preferencia as persoas empadroadas no municipio. Recoméndase inscribirse previamente no departamento de Cultura chamando ao 981680002 (Ext. 4) ou a través do correo electrónico ordescultura@gmail.com. Deberase indicar o nome e apelidos das persoas asistentes e os espectáculos aos que desexen acudir. Cómpre ter en conta que se as condicións meteorolóxicas non son propicias os espectáculos trasladaranse á Casa da Cultura.

Noite de cine ao aire libre grazas ao programa  Cultura na rúa