Cultura na rúa, o programa de lecer organizado polo Concello de Ordes, volveu a congregar a máis dun cento de persoas na alameda. Na noite de onte ofreceuse o espectáculo Circo de lume. Persoas adultas, mozos e rapazada quedaron impactados cos emocionantes números nos que o lume mezclouse coa danza, malabarismos e humor.

En colaboración coa Deputación da Coruña Cultura na rúa continuará ao longo do mes de xullo. Concretamente os mércores ás 10 da noite na alameda. Así os vindeiros días 21 e 28 proxectaranse as películas Frozen II e O que arde respectivamente. 

Debido ao límite de aforo terán preferencia as persoas empadroadas no municipio. Recoméndase inscribirse previamente no departamento de Cultura chamando ao 981680002 (Ext. 4) ou a través do correo electrónico ordescultura@gmail.com. Deberase indicar o nome e apelidos das persoas asistentes e os espectáculos aos que desexen acudir. Cómpre ter en conta que se as condicións meteorolóxicas non son propicias os espectáculos trasladaranse á Casa da Cultura.

Máis dun cento de persoas desfrutan co circo do lume