Na mañá do día de onte, responsables da Policía Local e da Garda Civil, mantiveron unha xuntanza na sala de Xuntas da casa consistorial co Alcalde de Ordes, enmarcada nas competencias da comisión municipal de seguemento da COVID-19. 

Procedeuse a analizar e valorar a actual situación epidemiolóxica do Concello ao fin de optimizar a coordinazación dos servizos diurnos e nocturnos das FFCCSS, reforzando a vixiancia e control do cumprimento estricto das medidas sanitarias establecidas e vixentes de carácter estatal e autonómico, e de xeito significativo no referente ao cumprimento do plan de hostalaría segura.

Apélase a responsabilidade de todos e todas para poder saír desta situación con celeridade e garantías, e evitar con iso propostas de sanción por incumprimento das normas vixentes, que atenten contra a saúde da veciñanza.

Xuntanza do Alcalde de Ordes cos responsables da Policía Local e da Garda Civil, enmarcada nas competencias da comisión municipal de seguemento da COVID-19.