1. 0 verán é tempo de goce e diversión, pásao ben pero non te pases! As drogas e o alcol non xustifican as agresións sexuais. Non todo vale. Lembra: NON É NON. 

  2. Rexeita e denuncia calquera forma de violencia contra as mulleres e a diversidade sexual. Non toleres comentarios sexistas ou discriminatorios. Non sexas cómplice! Telefona gratuitamente ao 016 ou ao 112. 

  3. Respecta os corpos, rexeita canons de beleza. Evita a exposición pública das/os menores con comportamentos propios de persoas adultas: isto chámase hipersexualización e é unha forma de violencia de xénero. 

  4. Non partilles ou toleres brincadeiras, imaxes ou comentarios sexistas, pois perpetúan os estereotipos de xénero e unha sociedade machista.

  5. Xoga e coeduca en igualdade desde a familia. Aproveita para seres máis corresponsábel e para participares en igualdade nas tarefas de coidados. Dá o valor que merece e procura o respiro a quen os realiza habitualmente.

  6. Este verán, teletraballes ou non, lembra que a conciliación da vida familiar, laboral e persoal é un dereito. Tes dereito a desconectares e a espazos de autocoidado. Se de ti depende, favorece o apoio ás familias! 

  7. Acepta o reto de empregares unha comunicación libre de estereotipos sexistas. Se es profesional da comunicación, o teu papel social é moi importante, visibiliza as mulleres e integra as diferenzas.

  8. Se programas eventos, festas ou actividades, revisa os contidos e as imaxes, coida a selección musical para que non sexa sexista e organiza todo de xeito que poidan participar equilibradamente mulleres e homes. Favorece a conciliación. 

  9. Este verán, máis que nunca, sé responsábel, cumpre as indicacións e protocolos e respecta as liberdades. As túas accións tamén poden pór en perigo as demais persoas. Rexeita a "virilidade tóxica" e aposta por novos modelos de masculinidade. Isto tamén vai contigo! 

  10. Se tes dúbidas de como seres máis igualitaria/o, busca asesoramento no recurso municipal especializado en igualdade de xénero do teu concello. 

IGUALDADE 9 DE XÉNERO 
DEPUTACION DA CORUNA 

 

POR UN VERÁN EN IGUALDADE