As prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición entre aquelas solicitudes recibidas do 7 ao 21 de xuño

Dende o próximo luns, día 7,e ata o próximo 21 de xuño permanecerá aberto o prazo para inscribirse nas actividades de conciliación de cara ao verán. As prazas son limitadas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Deberán estar escolarizados e empadroados no Concello de Ordes. Debido ao límite de prazas a súa asignación levarase a cabo por rigorosa orde de inscrición. Ademais terán preferencia aqueles nenos e nenas cuxos ambos os proxenitores traballen.

O SummerCamp 2021 desenvolverase de luns a venres de 9 a 14 horas. Nos meses de xullo e agosto poderase optar a inscricións quincenais, con prezos que oscilan entre os 40 e os 44 euros. Durante os meses de xuño e setembro serán semanais, (do 23 ao 30 e do 1 ao 8). Neste caso o prezo será de 24 e 20 euros respectivamente. Coma sempre as familias numerosas contarán cun desconto do 50%.

Entre as actividades e obradoiros previstos para esta tempada estival figuran talentshows, xornalismo, científico tolo, xogos musicais, busca do tesouro, karaoke, xogos tradicionais, cociña creativa, funyoga ou superarte. Por suposto non faltarán as saídas á natureza, ao parque e á piscina. Tampouco as festas e as merendas.

As inscricións levaranse a cabo no departamento de Educación, situado no mesmo Concello. Información no 981680002. 

Abre o prazo para apuntarse no SummerCamp 2021