Un ano máis as vacacións de Semana Santa para os nenos e nenas de Ordes estiveron repletas de diversión e aprendizaxe. Polo menos para os que se animaron a participar no programa de conciliación Easter Camp, iniciativa desenvolvida polo Concello de Ordes en colaboración coa escola ConTalento.

Nesta quenda foron preto de 30 menores entre os 3 e os 12 anos que pasaron as mañás entre saídas ao parque, obradoiros creativos, festas, merendas e moito máis. Ata o día de onte a gran maioría destas actividades tiveron lugar en horario de mañá no local situado na rúa Reconciliación.

Os nenos e nenas de Ordes viven unha Semana Santa chea de xogos, diversion e creatividade