Presentación no Concello de Ordes do Depor Campus Cabreiroá, no cal estiveron presentes o alcalde de Ordes Jose Luis Martínez Sanjurjo e a concelleira de deportes Ana Soneira Liñares, quenes agradeceron que se conte coa nosa localidade un ano máis para levar a cabo dita actividade, tanto ao R.C. Deportivo de la Coruña a través do coordinador das actividades formativas da fundación, Pablo Barros García, coma á S. D. Club Ordenes representada polo seu presidente, Antonio Vázquez Rendal, e polo membro da xunta directiva, Gaspar Suárez Rodríguez.

Dita actividade terá lugar no complexo deportivo de Vistaalegre entre o 29 e o 31 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 h., contando cun protocolo de seguridade fronte á Covid-19.

Para as inscricións e ampliar información, pódese consultar a través do seguinte enlace:

http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/ordes-2021/inicio

DEPOR CAMPUS 2021