ACTUALIZACION DO COMITÉ CLÍNICO DA XUNTA DE GALICIA:

ORDES: Nivel de Restrición Medio.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECIFICAS PARA CONCELLOS CON INCIDENCIA ACUMULADA A 14 DÍAS INFERIOR A 150 CASOS POR CADA CEN MIL HABITANTES

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00:00 horas do día 14 de maio de 2021 ata as 00:00 horas do 22 de maio. No obstante, as medidas de prevención especificas recollidas no punto 3.22 do anexo I da presente Orde terán efectos desde as 6:00 horas do día 8 de maio de 2021 ata as 00:00 horas do 22 de maio.

RESTRICIÓNS ORDES NIVEL MEDIO (14/05/2021)

GRUPOS DE PERSOAS

Espazo pechado - máximo 4 persoas

Espazo aberto - máximo 6 persoas

De 1:00-6:00h grupos so conviventes

Excepcións:

  • persoas soas poden xuntarse a outra unidade de convivencia

  • menores cos seus proxenitores

  • parellas non conviventes

  • asistencia persoas dependentes

  • actividades laborais, institucionais administrativas,educativas...

  • caza lobo/xabaril

ACTIVIDADES PERMITIDAS CON RESTRICIÓNS ESPECIAIS

Hostalaría, restauración e furanchos:

Terraza 50% max 6 persoas/mesa, interior 30% (barra non), max 4 persoas/mesa.

Peche consumo 23:00h, peche restaurantes 01:00h, recollida entrega 01:00h.

Restauración centros sanitarios/ traballo 50%. Comedores escolares normativa específica.

Actividade deportiva:

Ao aire libre sen contacto físico e con máscara, grupos máximo 6 persoas + monitor, en centros pechados grupos 4.

Persoas + monitor, 30% capacidade, piscinas máximo 30% vestarios 30%.

Casinos, bingos, salóns xogo, tendas apostas:

30% da capacidade, máx 4 persoas/mesa, peche 23:00 h.

Lecer infantil:

30% capacidade; grupos max 6 rapaces no exterior/ 4 interior; inchables só no exterior.

Bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, monumentos...

30% capacidade; max 4 persoas/grupos+ guía.

Competicións deportivas, cines, teatros, auditorios, congresos, etc.

Público sentado, 1’5 m distancia, 30% capacidade; 250 persoas interior / 500 aire libre.

Actos e reunións laborais, institucionais, académicas ou profesionais.

30% da capacidade, max 75 persoas lugares pechados/150 ao aire libre

A Fegamp recomenda a lectura íntegra da orde publicada no DOG