• No día de onte celebrouse pleno ordinario no concello de Ordes por medios telemáticos, o derradeiro do ano 2020, no que se aprobou o plan normativo anual para 2021 e a aprobación inicial e modificación do regulamento de rexime interior da escola infantil municipal “Sorrisos”.

  • Aprobada por unanimidade a moción formulada polo BNG para a actualización dos contidos sobre Ordes da web turismo.gal.

  • En informes de alcaldía deuse coñecemento das novidades trasladadas polo Sergas para o centro de saúde, onde se da cumplimento a un compromiso do conselleiro saínte don Jesús Vázquez Almuiña, en reunión mantida co alcalde e a concelleira de política social fai un ano.

O pleno ordinario do mes de novembro celebrouse de xeito telemático por atoparse o concello con un nivel elevado de casos activos en COVID-19, sendo emitido en directo por radio Ordes e con conexión online a app municipal. Comezou o alcalde dando as grazas a todos os compañeiros de corporación e a veciñanza, pola preocupación mostrada na súa etapa de illamento domiciliario e ingreso no CHUS entre o 31 de outubro e o 20 de novembro que obtivo a alta médido. Como é preceptivo a continuación, o punto primeiro de aprobación da acta da sesión anterior de data 29 de outubro de 2020, foi ratificado polos 16 asistentes dada a ausencia do concelleiro do BNG; don Gonzalo Veiras Carneiro.

Informes de alcaldía. 

O alcalde tomou a palabra para dar conta da comunicación por parte da Consellería de Sanidade no día de onte, en virtude da cal, o centro de saúde inicia a actividade de tarde para o mes de xaneiro de 2021, en concreto o día 11, incorporando 2 facultativos médicos, 1 persoa de servizos xerais e administracións e 1 fisioterapeuta. A carteira do centro pasa a ter mais de 30 traballadores e un horario continuo de 8h a 21h, aparte do punto de atención continuada na planta baixa, que manterá toda a súa operatividade.

Este ano 2020 tamén foi incorporada unha traballadora social e executáronse melloras en pediatría, así como a adquisición de nova tecnoloxía sanitaria, como desfibrilador, espirómetro, electrocardiógrafo ou dermatoscopio, entre outros.

De cara o ano 2021 queda pendente, logo da derradeira reunión mantida coa xerente de área, dona Eloina Núñez, analizar o incrementar unha matrona e un día de pediatra a tempo completo. Así como a execución de obras de mellora na instalación, que foi onte visitada polos técnicos da consellería de cara a súa solución técnica e valoración económica.

En outra orde, pero non menos importante, o alcalde fixo un balance das actuacións en obras do ano 2020, que acadaron os 2,5 millóns de euros. Así como dou a coñecer o remate da licitación do suministro de enerxía eléctrica aos diferentes puntos de consumo do concello, licitado en 2 lotes, e que vai supoñer un aforro anual para 2021 e 2022, de 61.899,84 euros, logo de acadar unha baixa total do 20,73% sobre o prezo actual do ano 2020.

Plan normativo 2021 e modificación do regulamento de rexime interior da escola infantil municipal “sorrisos”.

Na orde do día incluiuse a aprobación por parte do pleno de dous asuntos tratados nas comisións informativas do pasado día 20 de novembro, por un lado o plan normativo anual para 2021, e por outro a aprobación inicial e modificación do regulamento de rexime interior da escola infantil municipal “sorrisos”. Ambos puntos con acordo unánime.

Mocións.

A única moción foi presentada polo BNG, e acadou a unanimidade para solicitar a actualización dos contidos sobre Ordes da web de turismo.gal

Rogos e preguntas.

Todos os grupos políticos formularon rogos e preguntas, ao fin de fiscalizar e controlar a xestión municipal.

O Psoe formulou un rogo para iniciar unha campaña de concienciación e de información cidadá sobre os colectores de lixo, e a recollida de voluminosos no porta a porta.

Por parte de Uxo, tres foron os rogos, para o arranxo de beirarúas no barrio do Recreo, o cal é competencia da Deputación, mudar as zonas de Ora de ticket por disco durante a emerxencia sanitaria, a cal non se contempla por parte do goberno, e o arranxo da iluminación do paseo fluvial, actuación xa executada con anterioridade a celebración do pleno.

O BNG solicitou a retirada dos postes existentes no trazado da senda peonil do Casal, unha obra en trámite que xa contempla esta actuación.

O Psoe no apartado de preguntas, interesouse polo acondicionamento da casa da cruz vermella en O Conde como vivenda social, cuestión que será posta a disposición da veciñanza unha vez se executa a 2ª fase das obras, previsiblemente en 2021.

O BNG formulou tres preguntas, unha sobre o arranxo no tramo do camiño que conduce ao Rego do Cabo en Buscás, que está contemplada en un proxecto do POS, e a que o alcalde non dou resposta, pois o voceiro manifestou dita pregunta en afirmacións que o alcalde calificou como incorrectas, pois alguén minte en canto a formulación da mesma, posto que a dirección de obra e quen decide cando e como se vai a facer. Outra pregunta, sobre a modificación da RPT do concello, que se está tramitando en estos momentos por parte dos técnicos e se continua coas negociacións pendente de convocar a mesa para o peche dos acordos. E unha derradeira pregunta, sobre a preocupación do BNG de non dar cumplimento as bases reguladoras do PEL-Reactiva, contestada pola concelleira de traballo, con aportación de probas, de que o voceiro do BNG estaba equivocado e confundindo sen necesidade, pois estanse a cumprir as bases ou calquera defecto existente é perfectamente subsanable.

No remate do pleno, o voceiro do BNG foi expulsado, logo de ser chamado 2 veces a orde por tomar a palabra sen ter uso da mesma, incumprindo o art. 42.1.c) do Regulamento Orgánico de Funcionamento vixente.

Aprobado o plan normativo para 2021 e visto bo do pleno a modificación do regulamento de réxime interior da escola infantil municipal “sorrisos” do Concello de Ordes