A CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE, DA XUNTA DE GALICIA ACABA DE CONCEDER AO CONCELLO DE ORDES, FRADES E MESÍA UN NOVO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO DENOMINADO: “OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO III”
 
Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes e nel colaboran os Concellos de Frades e Mesía. 
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro, de como mínimo tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:

  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.

  • Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Nivel 2.


Todas aquelas persoas interesadas en participar na selección tanto como persoal directivo, docente e de apoio ou como alumnado-traballador  deberán estar inscritos no  Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado os obradoiros de emprego, tendo como data límite ata o venres día 13 de novembro de 2020. O prazo xa estivo aberto durante todo o ano.


AVISO MOI IMPORTANTE DADA A SITUACIÓN OCASIONADA POLA PANDEMIA DO COVID-19: PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO  DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DE CALQUERA DE ESTOS MEDIOS:

  1. NOS NÚMEROS DE TELÉFONO: 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego de Ordes (881 960 455 /456 /457)

  2. A TRAVÉS DA PÁXINA:  http://emprego.xunta.gal

  3. OU A TRAVÉS DA APLICACIÓN : MOBEM.

OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLÓ – RÍO SAMO III