spacer
RENOVACION DO DNI EN ORDES

O equipo móbil de renovación do DNI estará en Ordes os días 26, 27, 28, 29 e 30 de outubro de 2020.

As persoas interesadas en solicitar cita previa, requisito imprescindible para que sexan atendidas, poden dende hoxe mesmo reservala chamando ao 981680002 ou ben acudindo ás oficinas xerais do mesmo Concello. 

Nesta ocasión, debido á situación de  pandemia na que nos atopamos serán de obrigado cumprimento as seguintes medidas:

  • Uso de máscara. 

  • Desinfección de mans no acceso á instalación.

  • Habilitarase o auditorio da casa da cultura como sala de espera e deberán sentar respectando as medidas seguridade indicadas nas propias butacas do auditorio.

O acceso á zona de expedición/renovación será individual e serán chamados seguindo o horario da súa reserva polo que se esixe puntualidade para non perder a quenda (turno).

O servizo prestarase no último andar da Casa da Cultura en horario de mañá, con anteparos de protección entre os usuarios e usuarias e os membros da Policía Nacional.