• Expte.: IN408A 2018/14.

  • Denominación do proxecto: L.A.T. 220 kV CAMPELO-MESON.

  • Solicitante/Promotor: Greenalia Wind Power, SLU.

  • Situación: Concello de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña).

Asunto: Remisión da documentación do proxecto referenciado para a súa exposición pública.

Achegase a documentación que de seguido se relaciona, para os efectos da súa exposición pública no taboleiro de anuncios dese Concello durante o prazo de trinta (30) días que se contarán a partir do seguinte ao da súa exposición. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do seguinte enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0008.html

  • Acordo do 19 de agosto de 2020 da solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 220 kV Campelo-Mesón (2º modificado) nos concellos Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña). Esta documentación poderán descargala a través do seguinte enlace:

DOCUMENTACIÓN TÉCNICA:

Así mesmo, esta exposición faise co fin de cumprir co trámite de dar audiencia ao seu Concello.

Rematado este prazo, deberá remitir a esta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da
Coruña, un certificado acreditativo desta exposición no que deberá indicar:

  •  A exposición pública, especificando toda a documentación anteriormente relacionada Deberá indicar se houbo ou non alegacións e, de ser o caso, relacionalas na certificación para a súa constancia no expediente administrativo.

  •  E ademais, a certificación acreditativa da exposición ao público do proxecto sectorial conterá unha referencia expresa á realización do trámite de audiencia previsto no Decreto 80/2000, de 23 de marzo (segundo o artigo 33.10 da citada Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro).

Todo o anterior co fin de dar cumprimento ao establecido na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, na Lei 21/2013, de 9 de decembro de Avaliación Ambiental, no Real Decreto 1955/2000 de 1 de decembro sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, nos artigos 33.7 e 33.8 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, no Decreto 80/2000, de 23 de
marzo polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal e demais normas vixentes de aplicacións.